Versos de toda unha vida

La Voz

LEMOS

RAFA PRADO

O poeta Manuel María, quen residiu en Monforte durante una boa parte da súa vida, presentou onte na cidade do Cabe a súa obra poética completa, publicada recentemente pola editorial Espiral Maior. O acto celebrouse na galería Sargadelos ante un numeroso público. O editor e poeta Miguel Anxo Fernán-Vello e o economista Manuel Rajo acompañaron a Manuel María na presentación desta summa poética, unha boa parte da cal foi escrita en Monforte.