CARLOS CORTÉS CONTRAPUNTO
03 oct 2001 . Actualizado a las 07:00 h.«Se os homes parisen, a epidural sería obrigatoria». É a frase que resume o que sinten moitas das mulleres ás que lles toca parir a pelo, víctimas colaterais da política de contención do gasto sanitario. Este lamento vaise escoitar un pouco menos en Monforte a partir de agora. Costou, pero ó final o Sergas convenceuse de que o século XXI tamén ten que chegar ó paritorio do hospital comarcal. Por moitos anestesistas que haxa que contratar.