«Queremos galeguizar as romerías»

La Voz

LEMOS

SUSO VARELA A principios deste ano daba os seus primeiros pasos a Asociación de Músicos en Lingua Galega, Amelga. Trinta foron os grupos que a iniciaron, pero co paso do tempo xa se ampliou a máis de cincuenta, dos que dez son da provincia de Lugo. Entre eles está Volta do Agro, María Castaña, Humanoid, Brandián, Alparka ou Liñaceira. O seu obxetivo é ofrecer ás comisións de festas e ós concellos a oportunidade de contratar a conxuntos galegos. De momento, amósanse contentos por como van as cousas este verán. Antón Díaz é o responsable de Amelga en Lugo e integrante do grupo Os Papaqueixos.

20 ago 2000 . Actualizado a las 07:00 h.

_¿Cal é o requisito para ser membro da asociación? _Interpretar cancións, bailes e sons en galego. Na nosa terra existen moitas orquestras pero queremos que as romerías se galeguicen un pouco máis, xa que ó meu parecer hai moitas pachangadas. _¿Como é o voso método de traballo? _Presentamos unha lista de grupos a tódalas comisións de festas e ós concellos que organizan festivais musicais, para que poidan contratar a músicos novos e que queren comezar. _¿Despis de case oito meses, como valorades os resultados? -Moi ben, porque hoxe en día tódalas romerías xa contan cun pequeno festival folk. Desa forma, as xente nova acude ós campos das festas, algo que antes non ocorría. _¿Que faredes de cara ó futuro? _Estamos en conversas co Concello de Lugo para organizar un gran festival polo San Froilán. Ademais, xa temos asignados dez millóns de pesetas do de Santiago para crear un espectáculo que durante unha semana rendirá homenaxe ás sete cidades galegas e ás súas formas culturais.