O ambiente é de todos

Jesús Garrido

LA VOZ DE LA ESCUELA

As novas sobre os embalses baleiros son un grave problema ambiental e causan alarma
As novas sobre os embalses baleiros son un grave problema ambiental e causan alarma PRADERO

«Traballamos xuntos, podemos cambiar o mundo» é o seu lema. Por iso, atrevidamente, buscámoslles este título aos máis de 20 capítulos que, baixo o programa Explore UN Environment Topics, nos ofrece para o seu lento e prolongado estudo sobre o medio ambiente na escola, para celebrarmos, como cada 5 de xuño, o seu día mundial. Mira esta web: https://www.unenvironment.org/explore-topics/

05 jun 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

CONSTRUCIÓN DUN FICHEIRO

Para que o traballo sexa máis breve e efectivo, dividimos en seis grupos de alumnos a nosa tarefa de investigación na aula, co fin de saber que se encerra en cada un destes capítulos (opcional: cos seus títulos en inglés para facilitar recollidas de datos nun environment topics) e poder comunicar entre todos os resultados para que, aos poucos, poidamos ir acudindo ao amplo arquivo que nos valerá cando xurdan noticias deste ámbito ambiental.

 

Grupo 1. A súa consigna é «aire»

  • Air: a contaminación do aire, que mata a máis de seis millóns de persoas cada ano, é o maior risco para a saúde ambiental do noso tempo.
  • Biosafety: axudamos aos Gobernos a xestionar os posibles efectos adversos e os beneficios da biotecnoloxía moderna, cun enfoque na protección da diversidade biolóxica e a saúde humana.
  • Chemicals: os produtos químicos e os refugallos son parte integral de case todos os sectores da sociedade, e o seu manexo adecuado é esencial para protexer a saúde humana e ambiental.

Grupo 2. A súa consigna é «clima»

  • Climate change: incluso coas promesas feitas en virtude do Acordo de París, as temperaturas globais poderían aumentar ata 3,4 graos neste século, o que obrigaría ás persoas a adaptarse aos novos patróns climáticos extremos.
  • Disasters and conflicts: millóns de persoas vense afectadas cada ano polos desastres e conflitos que se xeran en diversas territorios do mundo e que inciden na posibilidade de subsistencia e de vida.

Grupo 3. A súa consigna é «enerxía»

  • Energy: a produción e o uso da enerxía é o que máis contribúe ao quecemento global, xa que representa aproximadamente dous terzos das emisións de gases de efecto invernadoiro inducidas polo home.
  • Environment: no noso traballo para manter o medio ambiente baixo revisión, o noso obxectivo é pechar a brecha entre os produtores e os usuarios da información ambiental, para que poidan actuar eficazmente.
  • Extractives: apoiamos o cambio positivo no goberno e as prácticas comerciais do sector extractivo. O noso obxectivo é facer que os minerais, o petróleo e o gas funcionen para todos, cun dano mínimo e moitos beneficios.

Grupo 4. A súa consigna é «bosques»

  • Forests: a deforestación mundial continúa a un ritmo alarmante: 7 millóns de hectáreas destrúense cada ano, unha área aproximadamente do tamaño de Portugal.
  • Gender: as mulleres sofren desproporcionadamente os impactos do cambio climático e outros perigos ambientais, especialmente nos países en desenvolvemento.
  • Green economy: se continúan as tendencias actuais, o uso global per cápita dos recursos naturais aumentará nun 70 % para 2050.

Grupo 5. A súa consigna é «océanos»

  • Oceans and seas: os nosos océanos están a ser degradados por actividades humanas que danan a vida mariña, socavan as comunidades costeiras e afectan negativamente á saúde humana.
  • Resource efficiency: debemos desvincular o desenvolvemento económico da degradación ambiental e, ao mesmo tempo, garantir que a transición cara a economías verdes cree oportunidades e promova o benestar para todos.
  • Sustainable Development Goals: no 2015 a comunidade internacional adoptou un conxunto de 17 obxectivos ambiciosos, cada un dos cales ten obxectivos específicos que deben alcanzarse cara ao 2030.

Grupo 6. A súa consigna é «tecnoloxía»

  • Technology: a tecnoloxía é tanto a fonte de dano ambiental como a nosa mellor esperanza para construír un futuro sostible.
  • Transport: coa frota mundial de automóbiles, que se triplicará para 2050, as emisións de gases de efecto invernadoiro do transporte están a crecer máis rápido que en calquera outro sector.
  • Water: axudamos aos países a protexer e restaurar os ecosistemas mariños e de auga doce para manter os seus servizos para as xeracións futuras.

 

ACTIVIDADES PARA CONSTRUÍR  O ARQUIVO DE AULAMBIENTE

A) Importancia do tema: a auga doce desempeña un papel fundamental no apoio ao medio ambiente, a sociedade e a economía. Ecosistemas como os humidais, ríos, acuíferos e lagos son indispensables para a vida no noso planeta.

 

B) Situación actual: segundo o Índice de Planeta Vivo 2016 do Fondo Mundial para a Vida Silvestre, as especies de auga doce diminuíron nun 58 % entre 1970 e 2012.

 

C) Noticias próximas sobre a auga: especialmente a súa carencia e problemas que os xornais comunican con frecuencia.

 

D) Normativa internacional: os ecosistemas de auga doce requiren a xestión eficaz tanto da cantidade como da calidade dos recursos hídricos.

 

D) Actividades e recursos: para axudar aos países a establecer un marco para a xestión dos ecosistemas de auga doce, «Un marco da ONU para a xestión de ecosistemas de auga doce»:

 

  • https://bit.ly/2YWh64M