Es 2030?

Patricia Barciela

LA VOZ DE LA ESCUELA

Utilizar e conservar os océanos, mares e recursos mariños é un dos obxectivos de desenvolvemento sostible
Utilizar e conservar os océanos, mares e recursos mariños é un dos obxectivos de desenvolvemento sostible XOAN CARLOS GIL

No 2015, a ONU aprobou a Axenda 2030 sobre o Desenvolvemento Sostible, unha oportunidade para que os países e as súas sociedades emprendan un novo camiño co que mellorar a vida de todos, sen deixar a ninguén atrás.

08 may 2019 . Actualizado a las 11:01 h.

A Axenda 2030 conta con 17 obxectivos de desenvolvemento sostible, que inclúen desde a eliminación da pobreza ata a loita contra o cambio climático, a educación, a igualdade entre sexos, a defensa do medio ambiente ou o deseño das nosas cidades. Aquí pódense descargar as iconas individuais de cada obxectivo e a roda de cores: https://bit.ly/2qWIjFk

 

1 Erradicar a pobreza en todas as súas formas en todo o mundo.

 

2 Pór fin á fame, conseguir a seguridade alimentaria e unha mellor nutrición, e promover a agricultura sostible.

 

3 Garantir unha vida saudable e promover o benestar para todos e para todas as idades.

4 Garantir unha educación de calidade inclusiva e equitativa, e promover as oportunidades de aprendizaxe permanente para todos.

 

5 Alcanzar a igualdade entre sexos e empoderar a todas as mulleres e nenas.

 

6 Garantir a dispoñibilidade e a xestión sostible da auga e o saneamento para todos.

 

7 Asegurar o acceso a enerxías alcanzables, fiables, sostibles e modernas para todos.

 

8 Fomentar o crecemento económico sostido, inclusivo e sostible, o emprego pleno e produtivo e o traballo decente para todos.

9 Desenvolver infraestruturas resilientes, promover a industrialización inclusiva e sostible e fomentar a innovación.

 

10 Reducir as desigualdades entre países e dentro deles.

 

11 Conseguir que as cidades e as comunidades humanas sexan inclusivas, seguras, resilientes e sostibles.

 

12 Garantir un consumo e unha produción sostibles.

 

13 Tomar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos (tomando nota dos acordos adoptados no foro da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático).

14 Conservar e utilizar de forma sostible os océanos, mares e recursos mariños para lograr o desenvolvemento sostible.

 

15 Protexer, restaurar e promover a utilización sostible dos ecosistemas terrestres, xestionar de xeito sostible os bosques, combater a desertificación e deter e reverter a degradación da terra, freando a perda de diversidade biolóxica.

 

16 Promover sociedades pacíficas e inclusivas para o desenvolvemento sostible, facilitar acceso á xustiza para todos e crear institucións eficaces e responsables a todos os niveis.

 

17 Fortalecer unha alianza mundial para o desenvolvemento sostible.

Thomas e os seus amigos

A vida familiar xoga un papel importante para que os nenos pequenos se adapten a un mundo que cambia moi rápido. A infancia é o escenario perfecto para presentar os conceptos básicos do que significa ser un cidadán global. As leccións de vida de Thomas e os seus amigos son un recurso que che axudará a explorar habilidades esenciais coas que os nenos poden enriquecer o seu pensamento crítico e as súas habilidades de comunicación. O obxectivo é apoiar ás familias na comprensión da cidadanía global e axudar aos nenos a prosperar nun mundo máis inclusivo e en constante cambio. As historias de Thomas e os seus amigos céntranse en seis dos 17 obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) deseñados para axudar aos países e aos seus cidadáns a mellorar o noso mundo.

  • https://bit.ly/2SG0vPe

Frieda

Contar contos é unha poderosa ferramenta de comunicación e axuda aos nenos para recordar ideas e habilidades que utilizarán na vida cotiá. A historia de Frieda presenta os obxectivos globais dunha forma sinxela, para que os nenos pequenos poidan relacionarse cos ODS e comprendelos mellor. A proposta, seguir a viaxe de Frieda a través da súa casa en Windhoek, Namibia, e aprender como protexer a vida na Terra, a importancia da auga o medio ambiente e máis.

  • https://bit.ly/2rSlByJ

170 accións para transformar o noso mundo

Se buscas inspiración, este libro achega dez suxestións diarias para cada obxectivo sobre como podes marcar unha diferenza no mundo que che rodea. Unha gran ferramenta para pais, mestres e nenos de todas as idades.

  • https://bit.ly/2O5oY24

 Xogando cos ODS

É un xogo de mesa que ten como obxectivo ensinar aos nenos de todo o mundo sobre os obxectivos de desenvolvemento sostible dun xeito sinxelo e amable. As preguntas e respostas, as regras do xogo e máis, na ligazón.

  • https://go-goals.org/es/

O lub de lectura dos ODS

O lub de lectura ODS utiliza os libros como ferramenta para que os nenos de 6 a 12 anos interactúen cos principios dos obxectivos de desenvolvemento sostible a través dunha lista de libros de todo o mundo relacionados con cada un dos 17 ODS nos seis idiomas oficiais da ONU: árabe, chinés, inglés, francés, ruso e español.

  • https://bit.ly/2WN8f4m