Traballar por proxectos nas materias está moi ben, pero ten algúns riscos ao principio e ás veces xorden dificultades no desenvolvemento da aprendizaxe académica que ten a súa urxencia en conseguir determinados obxectivos durante cada curso. Os e-studos de noticias, aos que aludimos hoxe en primeira páxina, poden servir de eficaz adestramento, que se pode desenvolver en cursos prácticos, ao servizo dos centros educativos.
10 jun 2015 . Actualizado a las 05:00 h.1. ESTRUTURA PROPIA
O método de proxectos (Dewey, 1904 / Kilpatrick, 1918) ten, naturalmente, a súa estrutura propia. Por exemplo, as 4 fases iniciais dos seus creadores: proposta, planificación, elaboración, avaliación. Co tempo, estas 4 fases fóronse subdividindo en pasos máis complexos para que os alumnos logren un sistema eficaz na resolución de problemas que se presentan no proxecto: prefiguración / metas concretas / resultados esperados / preguntas guía do profesor / instrucións e metodoloxía / actividades de aprendizaxe / produtos logrados / actividades re-potenciais / ambiente de aprendizaxe / identificación de recursos? tal como indicamos máis amplamente abaixo, en Recursos.
2. SUPOSTOS PARALELOS
Pero o método de proxectos, ademais da súa estrutura propia, necesita tamén unha serie de supostos paralelos que son imprescindibles e favorecerán máis eficazmente o seu desenvolvemento. E aquí é onde está precisamente o apoio que o traballar coa noticia pode dar ao entendemento de cales son eses supostos e como adestralos.
3. ADESTRAMENTO DO MÉTODO DE PROXECTOS CON EXEMPLOS DE NOTICIAS
Tendo pois en conta a estrutura propia de proxectos (1) que é máis ou menos inalterable, o traballar coa noticia pode achegar un adestramento importante sobre todo no desenvolvemento dos supostos paralelos (2) que acompañan e resultan esenciais no desenvolvemento do método: que o tema sexa interesante, que atenda ás intelixencias de cada un, que promova o traballo cooperativo en grupo, que teña en conta o estilo persoal de aprendizaxe? e outros.
- Recurso importante. Conectamos coa web de Prensa-Escuela. Nos e-studos de noticias (http://goo.gl/5r7BdY) atopamos 8 seccións: Ciencias, Sociais, Orientación educativa, Medioambiente, Linguaxes, O xornal na escola, Valores cidadáns, Leccións. En cada suposto que vén a continuación, indicamos o sector ao que pertence cada e-studo de noticias citado, e que nos pode servir de axuda no adestramento.
SUPOSTO A
É o tema do proxecto interesante, atractivo, un reto que anima aos alumnos a conseguilo e empregar nel a súa potencia e creatividade? Esta é a clave: que o tema do proxecto sexa motivador.
Queres unha noticia simpática, creativa, estimulante, que valla a pena para demostrar o ben que o pasarán inventando algo, que é o gran fin de todo bo proxecto? Na sección O xornal na escola, busca a lección: Actitude creativa ante a noticia. Alí atoparás técnicas para buscar noticias creativas que estimulen o teu proxecto:
- Técnicas analóxicas: modelos parecidos para resolver problemas.
- Funcionais: recursos para que o proxecto se mova.
- Antitéticas: ao ataque, isto sae adiante por narices.
- Aleatorias: se insistes, hai sorte, aínda que sexa por chiripa e casualidade.
- Inventivas. Imaxinación ao poder. ¡Aí as tes todas para a túa solución!
SUPOSTO B
Dá o proxecto oportunidade para que cada alumno aporte especialmente o que lle vai mellor, as súas habilidades, o seu enxeño e intelixencia propia?
Busca na sección Orientación educativa: Intelixencias múltiples.
- Intelixencia interpersoal e aprendizaxe de noticias.
- Intelixencia naturalista e o informe Pisa.
- Intelixencia lóxico-matemática e o informe Pisa.
- Intelixencia da linguaxe e o informe Pisa... e outros.
SUPOSTO C
Estamos seguros de que imos ser capaces de traballar en grupo no desenvolvemento do proxecto, buscando e sentindo o obxectivo común e superando dificultades persoais? Na sección O xornal na escola busca a lección Aprendizaxe cooperativo (ACO) co xornal.
- ACO 1: Principios de identificación.
- ACO 2: Elección de grupos.
- ACO 3: Análise dun modelo de grupo.
- ACO 4: Estratexias para funcionar como grupo.
- ACO 5: Rols de produto no grupo.
- ACO 6: Rols de tarefa no grupo.
- ACO 7: Rols de relación no grupo.
- ACO 8: Rols de interacción en grupo. Distorsións afectivas.
SUPOSTO D
Que pasa co estilo de aprendizaxe que cada un ten no proceso, ritmo, tempo e forma de actuar para lograr un produto mellor, dentro do proxecto no que traballamos?
- Na sección O xornal na escola busca o e-studo Sistema 4 MAT: A aprendizaxe emocional da noticia, A aprendizaxe analítica da noticia, A aprendizaxe práctica da noticia, A aprendizaxe dinámica da noticia.
Actividades e recursos
- «El método de proyectos como técnica didáctica». Instituto Tecnológico de Monterrey. Lectura recomendable, aínda que densa e con case todas as variables que se poden ir dando, especialmente en alumnos maiores: (http://goo.gl/CyQvmr)
- Resumo moi sinxelo e elemental en PowerPoint: (https://goo.gl/djFjRE)
- Aplicación breve a un proxecto concreto tecnolóxico accesible: (http://goo.gl/8ABzfp)