Nenos con dificultades especiais

Jesús Garrido cursosrepeducador.es / info@cursosrepeducador.es

LA VOZ DE LA ESCUELA

Este é o reto. Noticias que poden axudar ao estudo, orientación, discusión, propostas creativas. E un dos principais que adoitan ofrecerse son as diversas formas coas que cada centro educativo se apaña para ter unha maior efectividade. Existe unha excelente disposición, sen ningunha dúbida: inclusión, clase especial, diversidade de estilos. ¿Cal é a clave?

23 ene 2013 . Actualizado a las 13:52 h.

1. A FAME

Os mimos entre un can gran danés e un bebé causan furor en YouTube

La Voz, 28/12/2012. O vídeo cos mimos e os coidados que un can gran danés lle dedica a un bebé converteuse nos últimos días nun dos máis vistos en YouTube. Aínda que as imaxes foron subidas ao portal de vídeos en outubro, foi agora cando comezou a ser reproducido case de forma viral. Nas imaxes, tituladas «Mimos de gran danés a un bebé» pódese ver a Scooby que intenta abrazar a Cade, como se chama o neno. Ambos están sobre unha alfombra no salón dunha casa, e nunha das escenas pódese ver a un home sentado nun sofá con outro neno en brazos.

? «'¿E quen che ensinou a coller comida polo aire?'. 'A fame, creo'» («O neno can»).

? ¿É certo que os animais, un can por exemplo, poden axudar ao neno a non sentirse só na vida? ¿Que máis? ¿Que opinas? Experiencias.

2. ABUSOS SEXUAIS

Estados Unidos e a UE lanzan unha alianza contra a pedofilia en Internet

La Voz/ 21/6/2012. A Unión Europea e Estados Unidos decidiron o xoves en Copenhague lanzar unha alianza mundial para combater a pedofilia en Internet e rastrexar as páxinas criminais albergadas fóra dos seus territorios. «Debemos pasar aos actos contra estes criminais abominables», afirmou Malmstrom, que mediante un comunicado oficial asegurou que o lanzamento oficial desta alianza está previsto para decembro de 2012 e ten por obxectivo unir aos países na loita contra os abusos sexuais en Internet e protexer ás vítimas.

- « Temos dereito a ser protexidos contra os malos tratos, as humillacións, e os abusos sexuais» («O voo da aguia»).

- Un guía práctica e directa, urxente: «Abuso sexual a menores»: http://www.guardiacivil.es/es/servicios/violenciadegeneroyabusoamenores/abusosexualmenores/index.html

3. UN NOME

Onde comen dez fillos, e outro en camiño

La Voz, 24/12/2012. En Galicia calcúlase que hai unhas 40.000 familias numerosas, pero poucas como os Cuadrado: dez fillos e outro en camiño. A Mar Dorrio na maternidade de Ferrol coñécea todo o mundo. Xa tivo dez partos e nuns meses irá polo undécimo. «O meu marido é fillo único e eu só teño unha irmá, pero sempre dixen que quería ter moitos fillos. Cando o dicía pensaba en cinco, pero unha vez que os vas tendo e lles vas pondo nome...». Carmen, Lucía, Jorge, Paula, Cristina, Ana, Isabel, Elena, Marta e Luis. Case nada. A maior ten 14 anos e o peque, un.

> ACTIVIDADE:

- «¿Que fai unha nena coma tí a xogar cun farrapento como ese, que seguro nin nome ten?» («Perla negra»).

- ¿Lemos o relato e buscamos por que este neno case non tiña nome?

Consulta «nome»: http://es.wikipedia.org/wiki/nombre_(dereito)

4. MATRIMONIO INFANTIL

Os matrimonios infantís supoñen escravitude para as nenas

Centro de Noticias da ONU, 9/10/2012. As nenas que son obrigadas a casar vense atrapadas para o resto das súas vidas nunha realidade que equivale á escravitude. O matrimonio infantil é unha práctica que ocorre en moitos países, culturas, relixións e etnias. No sur de Asia, o 46 % das mulleres que casan son menores de 18 anos; en África subsahariana, o 38 %; en América Latina, o 29 %; no Medio Oriente e o norte de África, o 18 %. O fenómeno tamén sucede en Europa e Norteamérica. O matrimonio infantil é unha violación de todos os dereitos do neno.

? «Ziyac, o pai de Leila, colle a man da filla e, retando con valentía aquel home, saca do peito unha bolsa e tíralla o chan» («A voda de Leila»).

? Busca en Internet: Día Internacional da Nena / 11 de outubro. Tema 2012: pór fin ao matrimonio na infancia.

5. DISCAPACIDADE FÍSICA

O can de palleiro doutórase

La Voz, 16/7/2012. Este can de palleiro de pura raza pode presumir de ser o primeiro da súa especie preparado para practicar terapia asistida e asistencia. Só lle falta falar. Colle as cousas do chan, abre caixóns, acende a luz e ata lle quita a chaqueta ou os zapatos á persoa á que atende. «Fai de todo. Ademais de axudarche nos teus labores cotiáns tamén che defende se fai falta», destaca Javier Mouriño Grandío, de 31 anos que sufriu un accidente de coche hai dez anos e desde entón precisa dunha cadeira de rodas para desprazarse. Leva con Fusco como compañeiro de fatigas máis dun ano.

- «Carlos vai en cadeira de rodas. A porta do garaxe aparece un cadelo disparado: Vento é o can mais bonito do mundo» («Unha tarde de baile única»).

- Finalmente, e algo que vale para todos: Por suposto, ler cada un dos relatos no libro «O neno can», da Editorial Galaxia.

- E tamén, algo que está relacionado en cada unha das 5 historias: ¿que pensas sobre iso de que o can é o mellor amigo do home, e dos nenos?

- Desde logo, imaxes non faltan en internet: ¿Cal che gusta máis? Cóntao nunha historia.