¿QUEN DINAMIZA AS ESCOLAS DE PAIS?
Concellos, centros escolares, ANPA e outros organismos. Na actualidade, tamén existen moitas opcións en Internet, como a Universidade de Pais posta en marcha por José Antonio Marina.
¿EN QUE CONSISTEN?
Nas escolas de pais, cítase aos interesados de forma periódica (unha vez á semana, cada quince días ou de forma mensual) para tratar temas de interese. Un educador actúa de coordinador dun grupo de proxenitores de nenos con idades similares e conta coa axuda puntual de especialistas (pediatras, psicólogos,...).
¿DE QUE TEMAS SE FALA?
En educación infantil:
? O papel dos pais no inicio da escolarización.
? Estratexias para crear bos hábitos.
? Detección temperá de dificultades escolares.
? Liberdade e autoridade no neno.
? O tempo de lecer e de xogo.
? Os estilos educativos.
? Educar as emocións e a afectividade.
? Evitar a sobreprotección.
En educación primaria:
? O paso do centro infantil ao centro de educación primaria.
? Como educar na cultura do esforzo, a disciplina e o traballo ben feito.
? Actuar ante as notas.
? A personalidade dos fillos.
? Evitar o consumismo desmedido.
? A distribución do tempo libre.
? As tarefas domésticas.
? Desenvolver a responsabilidade.
? Acoso escolar, violencia escolar, conflitos escolares.
? A importancia do coñecemento dos idiomas.
? Os riscos de Internet.
En educación secundaria:
? Violencia e resolución de conflitos na familia.
? Acoso escolar, violencia escolar, conflitos escolares.
? Fracaso escolar: formas de evitalo e recondución escolar.
? Como exercer a autoridade na adolescencia.
? Consumo, publicidade e marcas.
? Os cambios da adolescencia.
? Drogas e alcol. Prevención e actuación.
? Anorexia e bulimia: causas e medidas de prevención.
? Nutrición e rendemento escolar. Recomendacións prácticas.
? Os itinerarios educativos, a orientación profesional.