Circula moita información sobre as causas que provocan a aparición das espiñas, o seu tratamento e outros aspectos, pero non todo o que se di é correcto. Aquí van algúns exemplos de mitos sobre a acne:
Hai que rebentar os grans para lograr desfacerse deles. En realidade, o que hai que evitar é tocalos, xa que se se apertan pódese estender a infección e producir con iso unha cicatriz.
Lavar moito a cara elimina as espiñas. A limpeza é importante, e debe facerse un par de veces ao día, pero facelo con máis frecuencia pode irritar a pel e agravar o problema.
Comer chocolate produce acne. Non está demostrado cientificamente que isto sexa así, aínda que os especialistas recomendan seguir unha dieta equilibrada e limitar o consumo de alimentos ricos en graxas.
O bronceado evita as espiñas. Aínda que a luz solar pode mellorar as peles que teñen este problema, non é a solución para el, só enmascara os seus efectos.
Se queres saber máis sobre as causas e os tratamentos da acne podes acudir á páxina da Academia Española de Dermatología y Venerología, que publica un decálogo cos mellores consellos para combatelo. Podes acceder á súa web desde esta dirección: http://bit.ly/R9n0Xr
Pregunta a un científico
O problema da acne preocupa a moitos adolescentes que expoñen preguntas como as recibidas a través da sección Pregunta a un científico, do programa Prensa-Escuela. Aquí vai un exemplo:
¿As espiñas pódense quitar por completo aínda que non acuda a ningún especialista e sen facer nada?
Os cambios hormonais que suceden durante a adolescencia provocan en moitos mozos a aparición das espiñas. As glándulas sebáceas da nosa pel producen entón maior cantidade de sebo, que pode acumularse nos poros xunto ás células mortas da pel e formar os grans de acne. Ao pasar a puberdade, a revolución hormonal acóugase e o normal é que desapareza este problema. Como moitas veces as espiñas inféctanse con bacterias, é importante ter polo menos uns coidados básicos, como unha boa limpeza da pel, evitar tocar os grans e, nos casos en que sexa necesario, non descartar ir a un especialista.
Pregunta: Juan José, 17 años