Merece toda a confianza

Jorge Paz

GRADA DE RÍO

Odebate da semana xira en torno ao troco de Iago Aspas. Creo que o 90% da xente coincide en que o moañés debería seguir no campo ata o final do encontro.

Quero poñerme na cabeza de Herrera e intentar imaxinar o seu razonamento. Está claro que o obxectivo desde o once inicial era dar minutos a Park porque el sabe que todos os xogadores van ser necesarios para lograr a salvación. Aínda así, un minuto antes do gol, o troco de Park estaba preparado. Ese gol fixo cambiar os plans de Herrera e meteuno no lío no que estamos agora. Decidiu que non era correcto quitar ao coreano nese momento (e doulle a razón), pero equivocouse 15 minutos despois cando foi Bermejo o que ocupou o lugar de Iago. Sería moi perigoso convertir en centro da polémica a Park, que obviamente perde nas comparacións con Iago e Bermejo, e sobre todo nas simpatías entre os afeccionados.

Gustoume menos a xustificación de Paco Herrera, xa que a melloría de Iago a nivel de actitude é evidente. Xa non busca enfrentamentos con árbitros ou rivais (a pesar das provocacións) e só leva 2 cartóns en toda a tempada. Por iso creo que merece toda a confianza neste aspecto.