Como mostra da participación e transparencia que nos diferenza doutras organizacións, estes días Carmen Santos convocou a consulta na que Podemos Galicia decide cómo concorrer ás eleccións autonómicas, abrindo un rico debate interno. Moita da militancia activa das bases defendemos concorrer sós ás autonómicas, facémolo porque: Podemos Galicia ten programa e forza propios e non quere ser un partido máis. É unha nova ferramenta do cambio que aglutina moitos actores e sensibilidades que non teñen como obxectivo a defensa do nacionalismo, si de Galicia. Podemos é en si mesmo unha marea, xente do común que saltou ao taboleiro político co obxectivo de entrar nas institucións para empoderar e dar resposta aos problemas da cidadanía. Podemos non naceu co obxectivo de reunificar á esquerda, mais si de traballar man a man coas forzas de esquerdas con programas de actuación conxuntos. Podemos non quere ser un recambio, quere ser un cambio. Non queremos refundar un novo partido onde estean os de sempre. Podemos Galicia sempre foi moi xeneroso. Agora tócalle a outras forzas amosar esa xenerosidade da que tanto falan, e iso non se fai con declaracións coma «Se alguén se move da foto perde o que se move». Podemos Galicia quere escoller a candidata/o en primarias, como así se recolle nos seus principios político-organizativos. A nosa aposta é concorrer como Podemos Galicia e chegar a pactos ou acordos poselectorais, como pasou no Concello de Ames, no que estamos gobernando xunto co PSOE e o BNG.
Genma Otero es teniente de alcalde de Ames.