Galicia leva dous anos conxelando as taxas universitarias. O secretario xeral de Universidades non ten constancia de que aumenten os estudantes que deixan a facultade por problemas económicos. Iso si, asegura que a crise demográfica e o tirón de FP están afectando á matrícula das universidades.
-¿Ata cando vai caer a matrícula universitaria?
-Este ano tivemos un pequeno repunte, pero a nivel nacional os estudos din que ata o 2016 diminuirá o alumnado. En Galicia inflúe tamén a FP, porque claro, neste momento que o alumnado vexa un tipo de ensinanza superior que parece que da máis posibilidades de colocarse no mercado laboral é un aliciente importante. Estase dando o situación de que o 10 % da FP superior son alumnos universitarios, e iso é algo do que as universidades deben tomar nota.
-Que a FP teña máis inserción que a universidade tamén é para pensar.
-Pero é que a FP superior tamén é unha ensinanza superior. Hai máis oferta diversificada en formación profesional polo que a FP está facendo unha aposta moi forte e está sendo un competidor da universidade. Por iso, queremos a especialización dos campus. O modelo polo que aposta a nosa lei de universidades segue sendo de sete campus, pero non pode haber sete campus xenéricos.