24 feb 2013 . Actualizado a las 07:00 h.
O furor neoliberal do PP atenta no proxecto de lei contra a autonomía dos concellos, que asumen competencias e prestan servizos malia non contar co financiamento suficiente. O Escorial recentralizador que ergue o proxecto de lei pretende reducir a cinzas a autonomía municipal, porque con ela se corre o risco de que haxa corporacións que non entreguen os servizos públicos ás grandes empresas, as que reparten os sobres dos Bárcenas e Crespos. Semella sorprendente que a aposta do PP sexa polas covas de caciques das deputacións, desbotando comprometerse cun poder local eficiente e achegado á cidadanía. Nós temos unha alternativa municipalista, que se afinca na democracia participativa e o aumento do financiamento local.