O portavoz nacional do BNG lamenta, por outra banda, que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, vaia pasar á historia da autonomía como o mandatario que permitiu o espolio do aforro dos galegos, segundo el di. «Hai días que nos vendeu o banco como un exitazo total, pero está desaparecido; nós temos dito, de xeito insistente, que aínda estamos a tempo de reconducir a situación coa entrada da Xunta no capital da nova entidade. ¿Por que o capital público que representa o FROB non pode estar en mans da Xunta?», reflexiona Guillerme Vázquez. «No patrimonio das caixas tamén vimos de presentar unha iniciativa para blindar a súa colección de arte, de altísimo valor, e que pase a mans públicas, á Cidade da Cultura», explica o líder nacionalista.