«Quedaríame unha espiña porque o de Ence é de xustiza»

La Voz

GALICIA

Nestes días ten un problema engadido que é o realoxo dos xitanos do Vao en Monte Porreiro, por parte do alcalde de Poio, do BNG, e da conselleira de Vivenda, tamén do BNG. Pero el asegurou que ata o día anterior non tivo coñecemento do que estaba a ocorrer no seu Concello. Opina que o seu homólogo incorreu en «falta de competencia territorial». -Outra cousa. Cando convoca un pleno, ¿non se lle fai un nu por medo a que alguén lle falle? A oposición ten 13 e vostedes 14 edís. -Aínda teño voto de garantía. E se se goberna con sentidiño consíguese o voto unánime da corporación. -¿Con quen se entendeu mellor, con Juan Luis Pedrosa, Teresa Pedrosa, Telmo Martín? -Indiscutiblemente con Juan Luis. Cando alguén está na oposición despois de ser alcalde ten unha visión distinta dun que non o foi. -Entón con Teresa Pedrosa, peor, porque Martín tamén foi alcalde. -Bueno, aínda non teño moita experiencia con Telmo Martín, pero a pouca que hai non é positiva. -Cinco mandatos e medio no Concello. ¿Que fará no 2011? -Non é o momento oportuno. Pero estou moi a gusto neste mandato. No 2010 me volves a facer a pregunta e che digo. -¿Quedaríalle unha espiña se deixase a alcaldía sen solucionar o tema Ence? -A verdade é que si. Porque é un tema de xustiza e que está perfectamente enfocado.