«Somos dúas forzas distintas e facemos un esforzo que non é fácil»

La Voz

GALICIA

Nestes días o goberno pontevedrés tenta consensuar unha ordenanza antibotellón. A súa proposta inicial non satisfacía aos seus socios. Lores di que recentemente estivo repasando acordos e as mesmas persoas que din agora que non se pode trasladar [o botellón], dicían que había que trasladalo a un sitio non habitado». -¿Como está a afrontar a división de opinións cos socios de goberno neste tema? -Somos dúas forzas políticas de goberno distintas. Estamos facendo un esforzo importante de diálogo e de consenso, que non é fácil, non é fácil. As cousas son complexas. Todo o que é bo, costa traballo, non sei quen o dixo, pero ten razón. Ás veces hai altos e baixos, é normal. Pero nada que ver coas liortas de Caballero e Touriño, ou Esperanza Aguirre e Gallardón. Sempre que vexo a Teresa Casal doulle un par de bicos sen problema ningún. O importante é o acordo global do goberno, que está funcionando ben, e traballar conxuntamente polo interese da cidadanía. -A lealdade era un dos alicerces do pacto do goberno ¿É máis leal o BNG que o PSOE??-Nós procuramos ser leais, sobre todo cos pontevedreses. Pero é un tema que eu deixaría nun segundo lugar. Obviamente para os medios é máis destacable que haxa desencontros, e en ocasións se fai un altavoz de certas cuestións que non teñen, de momento, importancia. Está previsto no pacto que se hai desencontros teñamos reunións.