«Eu son moi guerrilleiro»

La Voz

GALICIA

LAVANDEIRA JR

22 ago 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

O alcalde de Noia, Rafael García, levou unha malleira da Garda Civil hai dous anos, cando participaba nunha manifestación veciñal para protesar polo estado dunha estrada. «A obra está feita», explica agora para proclamar que non lle importaría recibi-las labazadas outra vez, se estivera en xogo á execución do proxecto. «Non o dubidaría un segundo», di. ­-Ten fama de ser mandón e moi guerrilleiro. -Si que o son. Non me queda máis remedio. O PP xa me quixo comprar a un concelleiro antes de tomar posesión. Un dos meus problemas e virtudes é o de ser moi ríxido e severo, pero con debilidade non podería gobernar nesta situación, e sendo, cando entrei, o alcalde galego máis novo. Con maioría absoluta si sería máis dialogante, pero agora hai que ser forte. -¿Por qué non pactou co Bloque? -En toda a comarca se da a mesma situación. Hai moitos problemas na relación co Bloque por culpa da UPG. -Tampouco quixo gobernar como en Muros, cun acordo entre PP e PSOE. -Négome a gobernar coa dereita máis rancia e reaccionaria, que practica o caciquismo e a persecución total dos que non son do PP. -¿A Xunta é un demo? -Fraga é un xestor impresionante, cunha cabeza ben armada, pero rodéase de mediocres como Cuíña. -¿E as eleccións? -Gustaríame seguir no goberno e sacar polo menos oito concelleiros e, tras completa-lo mandato, deixa-lo. -¡Como Aznar! -Só coincidiría na duración temporal do goberno.