PASO Á INICIATIVA PRIVADA

La Voz

GALICIA

ENRIQUE LÓPEZ VEIGA

27 nov 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

Partindo de que non foi posible renovar o pacto con Marrocos, as condicións e os fondos comprometidos para restructura-la flota son para estar satisfeitos. A Xunta recoñece o traballo ben feito polo ministerio, que defendeu con firmeza ó sector, e pola UE, que foi sensible ó problema suscitado e respostou con xenerosidade ó mellorar as premisas iniciais do plan, sobre todo, as sociais. Os fondos cumpren as expectativas máis optimistas: os 197 millóns aprobados polos Quince, complétanse con 240 millóns do IFOP e coa aportación dos gobernos central e autonómicos, ata sumar 708 millóns de euros. Agora só resta traballar no seu mellor emprego, aproveitando do xeito máis convinte o presuposto. As solucións, que entre todos teremos que buscar, serán individuais: barco a barco e home a home. E no seu artellamento terán cabida saídas diversas, dende a recolocación noutros bancos, a creación de firmas mixtas ou o desguace dos buques máis vellos. En todo caso, a iniciativa privada dos empresarios do sector, que deberán decidi-lo seu futuro, será decisiva e está chamada a asumi-lo protagonismo de agora en diante.