Un Arousa xuvenil mal de efectivos xoga no Jiménez co xigante Deportivo

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

FUTBOL GALLEGO

Acción do partido de División de Honor Juvenil entre o Arousa e o Oviedo.
Acción do partido de División de Honor Juvenil entre o Arousa e o Oviedo. MARTINA MISER

O partido arrinca ás 12.00 horas

21 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Partido de gala o que esta mañá enfronta o Arousa co líder do Grupo 1 da División de Honor Juvenil, o Deportivo. Desde as 12.00 horas, no céspede sintético do Manuel Jiménez, o equipo que dirixe David López, Perú, encara unha misión case imposible. A de derrotar a un rival que cedeu tan só catro empates e unha derrota nos 20 partidos de Liga disputados ata o momento, que leva a brutalidade de 48 goles a favor, diferenza entre os 61 tantos que leva anotados e os 13 contados recollidos do interior das redes da portería herculina, pero tamén, un dos clasificados para a final a catro da Copa do Rei Juvenil deste ano, na que compartirá cartel co segundo clasificado do Grupo 1 da D.H.J, o Celta de Vigo, catro puntos por debaixo na táboa. 

Co 7-0 que o Dépor lle endosou a fin de semana anterior ao Solares ben presente, o Arousa sae a competir pensando en «tentar desvirtuar a súa fase ofensiva, sobre todo», di Perú, «o papel de Lucas», mediapunta cambadés que marchou da base do Arousa á do Dépor sendo cadete de último ano e que hoxe é capitán e líder do cadro herculino.

Perú lamentaba na véspera que «nos vén o peor rival no momento no que estamos máis xustos de efectivos», con Iaguito e con Goitia, este por acumulación de amonestacións, sumándose ás baixas de David Piñeiro, de David Sánchez e de Pablo Martínez.