Gozando do fútbol praia

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

FUTBOL GALLEGO

MARTINA MISER

A Real Federación Galega de Fútbol volveu organizar unha xornada autonómica de convivencia na Compostela

17 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Decenas de rapaces e de rapazas de 8 a 18 anos déronse cita na mañá de onte na area da Compostela para gozar da segunda xornada de convivencia de fútbol praia organizada pola Real Federación Galega de Fútbol no areal de Vilagarcía de Arousa. A iniciativa repetiuse logo do éxito da experiencia organizada o 2 de marzo.