Manel Cráneo: «Enfoco o meu traballo coma un xogo»

FUGAS

Manel Cráneo

O ilustrador sente que desconexión da realidade cando está a debuxar

19 nov 2015 . Actualizado a las 14:39 h.

Nado en A Coruña no ano 1973, calquera pode atopar a Manel Cráneo na súa web www.planetamincha.com ou no blog www.manelcraneo.blogspot.com.

1. Que sentes cando estas a debuxar?

Un proceso nesta orde: Desconexión da realidade, relaxación e entrada nun plano alterado de consciencia.

2 Con que escritor lle gustaría colaborar?

Con Ánxel Fole. Pena que estexa morto. Igual invoco á súa alma un día destes, seguro que un espirito coma o seu se prestaría a ese tipo de xogos.

3 Un ilustrador emerxente ao que seguirlle a pista?

Eu mesmo son un eterno emerxente e teño moito que aprender. Das novas xeracións hai uns cantos bos, Luis Yang, por exemplo.

4 Que é máis importante: o debuxo ou a idea?

Creo que un debuxo sen idea xamáis poderá chegar a ser unha ilustración. É coma un ser sen alma.

5 Unha canción que che inspire?

I was born under a wandering star cantada por Lee Marvin en La leyenda de la Ciudad sin nombre?.

6 Cales son as túas influencias?

Todo o que vexan os meus ollos e esperte algo dentro do meu cerebro.

7 Que che gustaría preguntarlle a un ilustrador?

Preguntarialles de qué viven, porque tal e como anda o panorama laboral xa parece difícil a supervivencia de tantos.

8 Que che inspira?

Os sentimentos humanos. Son a esencia da vida e polo tanto a semente da imaxinación.

9 Cal foi a causa de que te dedicaras á ilustración?

Agora mesmo non o teño claro pero case que prefiro non sabelo, tocoume selo e o asumo con satisfacción.