«O cuarto de invitados», Helen Garner

R. Nicolás

FUGAS

11 sep 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Helen Garner (Australia, 1942) talvez se propuxo crear unha ficción sobre un dos tránsitos máis magoantes cara á morte, isto é, espellar as vivencias dunha doenza terminal. Para iso reviviu, seica, unha experiencia autobiográfica inspirada no acollemento que realizou na súa casa dunha amiga que padecía esta enfermidade. O discurso é directo, por veces irónico, e nel prevalece o sentido de crónica, explicitando unha crítica irada aos tratamentos alternativos á cura do cancro, reflexionando sobre os sacrificios que comporta a amizade e arredor dos límites da responsabilidade, alén da constatación do que é, a secas, a dor: se cadra o que a escritora xustamente perseguiu.

O cuarto de invitados. Narrativa. Helen Garner. Tradución de Moisés Barcia. Rinoceronte. 146 páxinas. 16 euros