Nos días próximos ao Nadal andamos todos a ?caza? polos mercados para abastecernos de peixe e marisco. Procuramos que estes sexan das nosas rías, frescos e de boa calidade. Especies como o camarón, a cigala, a centola, o percebe, a nécora? o peixe sapo, o rodaballo, o linguado? poderiamos continuar coa lista nomeando un sifín deles ata completar o artigo, están presentes nos expositores das peixerías, a todo isto compre ter en conta que a careza e a demanda por esta época fan que cheguen a prezos desorbitados e inalcanzables, polo que a busqueda no é nada doada.
Ainda así a nosa despensa podese ver provista para preparar un suculento menú sí planificamos a compra con un pouquiño de antelación. Sí optamos pola conxelación, esta debe ser rigurosa, os crustaceos preferentemente cocidos en auga salgada e un toque de loureiro, o proceso de desconxelación tamén debe ser minucioso.
Tamén podemos optar por especies máis ?solidarias? ou as de cultivo que ainda por ter un prezo asequible poden sorprendernos dándolle renda solta a nosa creatividade culinaria.
O marisco debe ter a cor viva, evitar sí percibimos cheiro a amoníaco. Sí se mercan moluscos frescos como mexillón, ameixa ou ostra estes deben pasar o proceso de depuración e dispor da etiquetaxe correcta indicando a procedencia e a data, e han de ter as valvas pechas, sí non é así ao tocalas deberían pecharse como sinal de que están vivos. Tanto os que non se pechen ao tocalos antes de cociñalos, como os que non se abran despois deben desbotarse.
Tamén cabe decir que nestas datas se cometen fraudes e enganos co mercadeo destes produtos polo que baixo o meu punto de vista é mellor facer a merca nós directamente, mergullándose nas nosas boas prazas de abastos, ollar e arrecender o produto, isto forma parte do safari de Nadal.