Un noiés en América


Emigrante en 1875, Juan González Montenegro nacera en Noia en 1861 e estableceuse en Cuba, dedicando os seus esforzos ao xornalismo, colaborando en La Voz de Cuba, La Patria e El Asimilista. Fundou os semanarios El Duende e El Noticiero Ilustrado, así como os xornais El Brujo, El Combate de Camajuaní, La Tribuna de Manzanillo, La Opinión Pública de Santiago de Cuba e La Voz de Galicia, en 1892, no que fixo famosos os seus pseudónimos El Brujo e Montenegro, ás veces en duras polémicas co xornalista galego Waldo Álvarez Insúa. Home moi combativo, o seu labor xornalístico estivo moi condicionado pola guerra de Cuba pola independencia. Sobre esta contenda publicará por entregas e na Coruña, a obra El álbum de un guerrillero, páginas de la guerra de Cuba de 1895 a 1898 (1899). El mesmo loitará nesa guerra contra a emancipación dos cubanos. En 1899 foi para Montevideo e logo a Bos Aires, cidade na que organizou unha expedición ao Chaco Boreal na procura do explorador Ibarreta, pero cando chegou a Asunción, aquel falecera xa. Estivo seis anos na selva e explorou de Orán a Yacuivy e logo de alí a Acre, nunhas rexións case descoñecidas naquel tempo. Sábese que faleceu na Arxentina, pero descoñécese a data do seu pasamento. Da súa figura ocupáronse Eduardo Núñez-Sarmiento, Alberto Vilanova, Pepe Agrelo e Aurora Marco.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Un noiés en América