«Esta novela é unha homenaxe persoal á miña terra»

Yolanda García Ramos
YOLANDA GARCÍA A PONTENOVA / LA VOZ

FIRMAS

Mañá presenta na Pontenova o libro, sobre o tren mineiro Vilaodrid-Ribadeo

07 nov 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Aurora Rivas (San Tirso, 1948) presentará mañá, sábado 8, ás 21.00 horas na Casa da Cultura de A Pontenova a súa terceira novela, Vía muerta, co antigo tren mineiro Vilaodrid-Ribadeo como fío condutor e punto de enlace de varios personaxes.

-Lóxico que primeiro se presente na Pontenova. ¿Onde máis?

-Empezamos na A Pontenova porque é a cabeceira e o faremos en Taramundi, San Tirso e Riotorto. Despois quedarame Lugo, A Veiga, Ribadeo e Castropol e se chaman doutro sitio tamén vou.

-¿Nerviosa, emocionada?

-Xa non me poño nerviosa, son moitos libros escritos. Este é o número 16. Empecei a publicar no 2004. Son escritora tardía. É a terceira novela, a miña primeira escrita en galego e no galego de San Tirso.

-Espertará nostalxias seguro.

-Eu coñecín o tren. Tivo unha época de esplendor pequena e transformárase en tren de viaxeiros. Viaxei moito nese tren ata Ribadeo.

-¿Inclúe vivencias propias?

-Hai experiencias propias pero non moitas(...) É unha homenaxe persoal á miña terra, feita con intención.

-Daba para facer película.

-É a cuarta persoa que mo di. «Daba para unha serie preciosa», me di a editora. Penso que o libro vai ter boa acollida.

«Eu coñecín o tren, que tivo unha época de esplendor pequena, e viaxei moito a Ribadeo»

«?Daba para unha serie preciosa?, me di a editora. Penso que o libro vai ter boa acollida»