«O acústico é próximo á xente, personaliza cancións»

antón parada / m.x.b. RIBEIRA / LA VOZ

FIRMAS

marcos creo

Fran Regueira e Andrés Pérez integran Bandaorrío Clan. En tan só un ano de vida, o grupo leva máis de 25 concertos

22 jul 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Bandaorrío Clan, máis coñecido como B-Clan, é o grupo acústico formado por Fran Regueira Campaña e Andrés Pérez Santos. Vocalista e guitarrista veñen de formacións anteriores como Entrelíneas e Talón de Aquiles, respectivamente. O verán pasado uníronse para derreter as noites coas melodías máis clásicas do pop-rock en castelán dende os anos 90 ata a actualidade. Xa levan máis de vinte directos ás costas. A súa próxima cita co escenario, este mesmo venres no pub ribeirense Cocoluche.

-¿Como xurdiu esta formación?

-(Fran Regueira) Como nacen todos os grupos, de marcha. Ao principio pensei que sería un cachondeo, pero á semana xa estábamos preparando temas.

-(Andrés Pérez) Buscaba alguén que fora serio, outras experiencias fracasaran por este motivo.

-¿De onde ven o nome?

-(A.?P.) De M-Clan, tiñamos que buscar algo e como Fran é do barrio e eu paso media vida alí...

-(F.?R.) En realidade é porque el sempre quixo ser de Bandaorrío.

-¿Cales son as vosas influencias?

-(A.?P.) O blues dos anos 60. Actuais como Joe Bonamassa e John Norum.

-(F.?R.) Recoñezo que comecei algo tarde, con Bob Dylan e Neil Young. Pero os meus precursores sempre foron os Heredeiros da Crus.

-¿Que estilo e autores versionan?

-(F.?R.) Todo rock e pop-rock en castelán, desde M-Clan a Fito, Extremoduro, Cómplices...

-(A.P.) O obxectivo é que as letras que versionamos as coñeza todo o mundo. Cancións para todas as idades.

-Os dous proceden de grupos grandes, ¿por que acústicos?

-(A.?P.) O acústico é próximo á xente, personaliza cancións. Es máis libre de facelas cousas que cun grupo non podes.

-(F.?R.) Agora mesmo, se baixas a Ribeira a un bar, o que vai estar soando é un acústico. Un grupo con guitarra eléctrica, baixo e batería non funciona, quitando a formacións recoñecidas como A Compañía do Ruído ou The Covers. Os grupos reconvertéronse.

-¿Pensan compoñer ou gravar?

-(F.?R.) Primeiro hai que rematar este ciclo de concertos e despois coa cabeza fría, sentarnos e traballalo moito. Temos moitas cousas que contar, dende o obreiro que se levanta ás seis da mañá para facer masa ata as nosas vivencias de festa.

-(A.?P.) Si, é moi complicado porque no mundo da música está practicamente todo feito. O son que faríamos sabería ás nosas raíces.

-¿Están saíndo moitos directos?

-(F.?R.) Bastantes. Este ano estamos tendo moitísimas datas. Soamos moito, á xente gústalle, vémola marcando o ritmo co pé de temas que xa saben.

-(A.?P.) Cando non tes que ir de bar en bar buscando concertos e son eles o que che chaman, iso é boa sinal. Os hostaleiros quedan contentos e o boca a boca fai o resto.

-Un cantante, un guitarrista e un álbum imprescindibles.

-(A.?P.) Eddie Veder, Gary Moore e Ten (Pearl Jam).

-(F.?R.) Carlos Tarque, Carlos Raya e Retrovisión (M-Clan).

B-clan GRUPO musical

«Agora mesmo, se baixas a Ribeira a un bar, o que vai estar soando é un acústico»

«O obxectivo é que as letras que versionamos as coñeza todo o mundo»