Prevención

Angélica Ferro

FIRMAS

01 jun 2014 . Actualizado a las 06:00 h.

Dende P(A)T Galicia consideramos que hai que ser precavidos coas estadísticas. Estes datos corresponden só a unha parte da realidade do accidente e poden sesgar a análise das variables que interveñen. Cremos que habería que ter en conta a tódolas persoas implicadas, xa que en moitas ocasións os/as causantes dos mesmos, que si poden estar baixo os efectos do alcol ou doutras drogas, non son os perxudicados en termos de accidentalidade e polo tanto non aparecen neste cómputo, pero sí pertencerían ao grupo de persoas que seguen a conducir baixo o efecto destas sustancias e polo tanto a un colectivo que nos preocupa de cara á prevención. Os casos dos que falamos poden responder máis a unha mezcla doutras variables ca a que se teña erradicado o fenómeno do consumo de alcol e outras drogas.

Os datos xerais amosan un descenso na accidentalidade no noso país e esta parece ser unha tendencia consolidada. En xeral parece que comeza a existir unha maior concienciación sobre os comportamentos de risco na mobilidade o que indica que tanto as medidas preventivas como as sancionadoras están a ser efectivas. Nós seguimos a apostar por medidas preventivas, pola educación como base de actuación. Así aseguramos a longo prazo unha concienciación real sobre a necesidade dunha cultura viaria para loitar contra os sinistros.

A.Ferro é delegada en Galicia da Asociación de Prevención de Accidentes de Tráfico P(A)T