«Conciliar é unha utopía, o teito de cristal»

La Voz

FIRMAS

-¿Concilia profesión e familia?

-Teño unha nena que vai cumprir tres anos en xullo... ¡A conciliación é unha utopía!

-¿Por que? ¿Explícao?

-O meu home creceu na igualdade, acostumado dende sempre; somos tres irmáns, sempre se nos educou en que as persoas valemos polo que somos, non polo sexo; no meu ámbito xamais me sentín diferente por ser muller... Pero a sociedade non está feita para as mulleres traballadoras en igualdade. Dende permisos por maternidade, garderías, mentalidade da xente... ¿a quen se chama sempre cando un neno enferma? É moi difícil que se chame ao pai, por moito que insistas. Coa educación da sociedade que recibimos, por moito que na túa familia che digan outra cousa. No permiso de maternidade está de moda pedir excedencias, ser nai marabillosa a tempo completo... É moi bonito alargalo ata os seis meses, se a sociedade non estivera feita para diferenciar entre homes e mulleres. Desgraciadamente, sobre todo en postos de responsabilidade, seis meses fóra supoñen un lastre e unha lousa no desenrolo profesional, o famoso teito de cristal.

-¿Como fai Mercedes nai?

-O que máis pena me dou é que non cheguei a disfrutar a dezaseis semanas de maternidade: empecei a traballar con tres meses da miña nena, xusto o día que cumpriu; oficialmente, porque sempre estiven ao tanto de todo o que pasaba, por responsabilidade. Á nena dinlle peito, son partidaria da lactancia, non compulsiva... Con seis meses xa me fun de viaxe, a durmir fóra; ir e volver no día non é nada.

-¿E a nena?

-A miña primeira rutina, sempre, avisarlle: mañá voume, volvo cando estes durmindo e cando espertes tal día estou. Evidentemente chora cando non estou para deitala de noite.