AAdministración pública existe para servir ao interese xeral, é dicir, para promover e protexer o exercicio dos deberes e dereitos da cidadanía. Sen dúbida, os políticos non poden nin deben recibir agasallos por xestións interesadas de fondos públicos. E esta regulación, aínda sen coñecela ao dedillo, debería afondar nesa dirección, do mesmo xeito que nunha regulación dos salarios ou na limitación dos mandatos dos cargos públicos. Ademais debería ser en dobre dirección, as empresas que ofrecen agasallos tampouco poderían contratar cos organismos públicos. De todos os modos, o código ético debemos interiorizalo cada un de nós e a corrupción vai moito máis alá. Todos temos claro cando a través dun agasallo te queren comprar ou cando non. Xa había con anterioridade numerosas recomendacións, documentos, a nivel institucional, do Consello de Europa, da FEMP, etc. Non é necesario un novo código ético, senón medios para facer cumprir os que existen.