Para bailar e non parar

D.F.

FIRMAS

La Patxaranga, la versión de invierno de Chotokoeu, actúa mañana en A Illa

28 feb 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

? No Moucho queren quentar ao persoal de cara ás grandes noites de entroido que se avecinan na Arousa. E para facelo nada mellor que achegar ata territorio illense a un deses grupos que, como di o seu percusionista Carlos Argibay, «non temos estilo, o noso é a festa, o baile e a alegría».

La Patxaranga é o formato de inverno desa gran banda festiva galega que é Chotokoeu. «Faltan a cantante e outro músico que ou descansan ou se dedican a outras labores». Tamén substitúen a batería por cubos e latas de pintura. O resto -violín, guitarra, baixo e saxo- están todos.

O grupo, explica Argibay, naceu como unha opción de músicos rúa pero acabou por trasladarse tamén aos bares. Sen perder por ilo ese espírito trouleiro.

La Patxaranga, din, «escapa un pouco do que fai Chotokoeu». No sentido de que non recorre a repertorio propio, aínda que si que ten algunha composición, senón que tira de musicas alleas. «Hai moito de melodías tradicionais balcánicas, algo de swing, algo de ska e algunha banda sonora, como a da Pantera Rosa ou a de Batman». Pero o que se impón, insisten, é «dar guerra e non parar».