«Hai lugares na Mariña nos que xa se toma un bo café e alegran o día», di
11 feb 2014 . Actualizado a las 07:00 h.Onte a media mañá, a actividade no IES de Foz non era semellante á habitual posto que o comezo do séptimo Campionato Internacional de Baristas marcaba unha tónica ben diferente á da xornada escolar diaria. Dentro deste, a primeira proba de lume ía ser ás seis da tarde o segundo Campionato Internacional de Cata de Cafés de Escolas de Hostalería do 2014.
-¿Hai xa ambiente no IES?
-Si, xa hai bastante bulicio.
-Cantos anos leva coincidindo a súa xefatura de departamento coa celebración desta cita.
-Sete años consecutivos.
-Entón, comezou con vostede á fronte do cargo no IES.
-Si, dende o principio. Eu son xefa de departamento pero todo o departamento traballa nesta actividade e o coordinador é Xosé Ríos. Seguimos ilusionados como dende o principio, todos os doce profesores e os alumnos, porque todos se involucran. E sobre todo reprodúcese unha atmósfera real de traballo porque hai alumnos tamén encargados da elaboración das comidas, outros da bollería e profesores de cociña que tamén se involucran.
-¿Que repercusión ten este certame para o instituto focense?
-Con el soa moitísimo Foz e o IES no mundo do café. Colocou ao IES de Foz nese mapa. É un campionato como moi exclusivo. Nos interesa porque mellora a competencia profesional pero tamén representa un prestixio.
-Moitos dos que pasaron por aí suliñan que dignificou o oficio.
-Abriu tamén camiños profesionais no mundo das empresas torrefactoras, que antes os alumnos non vían aberto, e mellorou a calidade do café nos establecementos da comarca. De feito cada vez saen profesionais mellor formados do instituto.
-Habitualmente existían os certames gastronómicos, pero non tan específicos coma este.
-É un campionato diferente. Hainos de sumiller, cociña, pero de café non había. Fomos pioneiros. Xosé Ríos é un apasionado dese mundo e acabou transmitindo esa paixón a todo o IES.
-¿Dicía que na comarca axudou a mellorar o servizo barista...?
-Si, e cada vez se toma máis café na Mariña e hai lugares onde, ademais, xa se toma moi bo café.
-E con deseño, o latte-art.
-Case me alegra o día se me poñen o café cun corazón. Como que leva gramos de cariño, ingrediente importante.
-Algúns dos premiados do IES tiveron máis logros fóra.
-Temos moitos alumnos traballando en empresas torrefactoras, de asesores, baristas... Algún tamén abriu cafetería e este campionato é unha alegría porque sempre te reencontras.
-¿Cal é o seu café favorito?
-A min gústame o capuccino.
ANA MARÍA ALONSO MARTÍNEZ XEFA DO DEPARTAMENTO DE HOSTALERÍA focense