Hoxe actúa con dúas das súas alumnas nos Xoves Musicais viveirenses
21 nov 2013 . Actualizado a las 07:00 h.Dentro dos Xoves Musicais de Pensamento e Sementeira, hoxe ás 20.30 no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro actuarán a profesora de canto Montse Expósito coas dúas alumnas súas máis Plácido Travieso ao piano.
-¿Que repertorio amosarán?
-Este vai ser un concerto de canción italiana con compositores como Bellini e Marcello e francesa de bel canto de Hahn.
-¿Cantos alumnos ten en clase e de que idades?
-No Conservatorio de Viveiro son cinco. Hai de todo, xente dende 16 anos ata 47.
-¿Como se traballa con xente de distintas xeracións e voces?
-É fácil. Cada persona ten a súa propia voz e hai que traballar co que se ten. Un de 47 pode estar tan virxe a nivel de canto coma un de 16 ou ao revés.
-¿Tiveron o gusanillo do canto ou xa se dedicaban a iso?
-Eu estou sustituíndo ao profesor titular do conservatorio. En xeral hai de todo, quen ben directamente por aprender mellor porque canta en corais e quen quere sentirse cómodo á hora de emitir ou lle encanta a ópera. A miña carreira é canto lírico, a técnica que eu podo ensinar.
-¿Calquera voz pode valer se se traballa ben con ela?
-Calquera voz pode chegar a adquirir unha boa técnica, a non ser que teña problema ou enfermidade. Se o traballo é constante e ensina ben o profesor, si. Outra cousa é o talento e a persoa.
-¿Por que se meteu nisto?
-Cantaba no coro do conservatorio e dixen, vou probar.
-¿É a primeira vez que ve aos alumnos enriba dun escenario?
-Non, no meu caso non vai a ser a primeira vez porque eles xa soen cantar en público. Os nervios non chos quita naide nunca, iso por descartado, pero uns poucos veñen ben para estar en alerta. Tamén atopo sorpresas coa xente que canta.
montse expósito profesora de canto no conservatorio de música de viveiro