O local da rúa do Hospitaliño é o primeiro de Galicia e cuarto de España en aceptar o pago con esta moeda virtual
11 oct 2013 . Actualizado a las 07:00 h.Un novo xeito de pagar as copas chegou a Compostela da man de Julio Regueiro, responsable de La Pastilla Roja Bar (rúa do Hospitaliño, 12), que implantou o sistema de pago con bitcoin, unha moeda virtual. O seu é o primeiro local de Galicia e o cuarto de España que a acepta como medio de pago.
-¿Como funciona?
-Hai que abrir un moedeiro virtual. Hai xente que merca e vende este tipo de moeda, que cotiza en tres mercados principais. É unha moeda virtual, polo tanto non hai diñeiro físico, e nalgúns lugares do mundo están comezando a abrir caixeiros.
-¿A como vai o cambio?
-Pois hoxe [por onte] un bitcoin equivalía a arredor duns 99 euros, polo que as consumicións dos bares son en céntimos, igual un cambio de cero coma cero algo.
-¿Por que se decidiu por aceptar este sistema de pago?
-Pareceume algo atractivo. Hai catro millóns de persoas que xa están utilizando bitcoin e á hora de facer o pago ten outras prestacións que non ten o pago por tarxeta, por exemplo, ou o Paypal.
-¿Cales?
-Pois por exemplo o pago con tarxetas supón que o cliente ten que pagar comisión por ter esa tarxeta e a min tamén me cobran comisións. Paypal non é inmediato. O bitcoin si que é inmediato, eu dou o importe en euros e un código QR ou unha URL para os que non teñen cámara no móbil e eles poden entrar, e teñen un conversor en euros. A transacción é automática e xa podo convertelo en euros, polo que non teño unha cantidade de cartos paralizada en ningún momento. Outra vantaxe é que os outros dous sistemas funcionan mediante conexión a Internet ou á liña de teléfono e se hai unha caída quedan inutilizados. En cambio, con bitcoin pódese seguir traballando grazas á conexión 3G do teléfono.
-¿A xente coñece este sistema?
-É unha moeda que só leva catro anos e por iso facemos unha demostración.
julio regueiro responsable de la pastilla roja bar