Palabras e camiños para Luís Soto

xosé manoel rodríguez OURENSE / LA VOZ

FIRMAS

Santi M. Amil

Dez concellos de Galicia e Portugal organizarán actos na súa memoria

10 oct 2013 . Actualizado a las 06:00 h.

Luís Soto (1902-1981) deixou unha fonda pegada en Galicia pola súa condición de mestre e polo seu compromiso co desenvolvemento do país. E como onte lembraba Méndez Ferrín no cumio da torre de Vilanova dos Infantes: «Foi un home no que toda a súa obra estaba marcada pola concordia, a paz, a fraternidade e, sobre todo, pola igualdade». Mestre en escolas de toda Galicia -de xeito especial en Ourense nos tempos da ATEO como onte lembrou Xosé Manuel Cid-, sindicalista, republicano, estreito colaborador de Castelao no exilio, cofundador da UPG e da revista Vieiros no seu exilio mexicano e loitador, xa de regreso, contra o encoro de Castrelo de Miño -o que lle valeu ser expulsado do país- a figura e a obra de Luís Soto será recordada con actos que se desenvolverán nos vindeiros meses en A Bola, Calvos de Randín, Castrelo de Miño, Celanova, Lobios, Mondaríz, Montealegre (Portugal), Muíños, Ourense e Ramirás. Onte diuselle o seu nome a un camiño en Celanova.