O compromiso real co futuro

Lola Dopico DIRECTORA DA ESCOLA DE ESTUDOS SUPERIORES EN DESEÑO E MODA (ESDEMGA)

FIRMAS

15 sep 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Pontevedra é onde naceu esta iniciativa de formación universitaria relacionada co deseño da moda, a Escola de Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galiza (Esdemga), unha aposta da Universidade de Vigo que sumou a todos os axentes políticos e económicos e sociais da cidade, que puxeron en marcha este proxecto. O Concello, a Deputación, a Obra Social de Caixanova e a Cámara de Comercio, xunto coas asociación galega de empresarios do téxtil como Atexga e incluso a Federación de Asociacións de Veciños Castelao. A Cámara de Comercio, a través dun traballo dilatado, tanto con iniciativas como Pontus Veteris como coa labor de cohesión e coñecemento do ámbito industrial da moda e das súas necesidades naqueles momentos, teñen feito moito das condicións propicias.

Asinamos todos os anos novos convenios con empresas coas que colaboramos en España e tamén cada vez un pouco máis lonxe: India, Alemaña, Inglaterra, Estados Unidos? Contamos coa atención dos medios especializados, co seguimento e interese das firmas que veñen a captar novos creadores a Debut, un evento de referencia que conta co respecto e interese por parte do mundo da moda e de escolas de todo o mundo.

Debut, o noso desfile anual converteuse aos poucos nun importante elemento de atracción sobre o que se poden construír aínda moitas cousas. Elio Berhanyer ou Purificación García, son algúns dos nomes propios vencellados ao papel acadado pola escola nove anos despois.

Sete promocións de deseñadores saíron do noso centro en Pontevedra para integrarse nas principais firmas do sector en todo o pais. Das aulas de Esdemga están a saír a xente máis creativa do pais, en comunicación, en moda, en arte, e en deseño. Acreditar neles é o real compromiso co futuro.