Hoxe é o primer día da Vuelta a España para os ciclistas. Ó longo de toda a xornada irán chegando a Arousa e ao resto das Rías Baixas corredores de practicamente todas as partes do mundo. Durante todo o día un montón de coches, camións e buses percorrerán as estradas da bisbarra coa infraestrutura dos equipos, humana e material. En función de se é unha viaxe máis ou menos longa, descansarán un pouco, e sairán a adestrarse. Para que o corpo non esqueza a bicicleta. Canto antes volte o ciclista á rutina diaria, mellor. O 95 por cento dos corredores que van correr La Vuelta xa se van adestrar hoxe. E aos que non lles dea tempo, farán rodillo. Normalmente o primeiro día de concentración soen coller unha estrada con pouco tráfico, facendo unha hora nun sentido e a outra no outro.
Para o afeccionado hoxe é un día no que é bastante doado acercarse ao ciclista, porque non hai estrés. O día da contrarreloxio por equipos será practicamente imposible facelo. É doado que un ciclista afeccionado se poida atopar hoxe pola estrada a estes corredores profesionais, e poidan rodar uns quilómetros con eles. A moita xente do pelotón non lle importa. É un bo día para que se poidan facer fotos con eles, falar con eles, e estar preto deles sen que se sintan molestos. Os ciclistas están relaxados. Nestes días previos só se dedican a comer, descansar e adestrarse.
O outro escenario no que o afeccionado pode disfrutar da Vuelta que hoxe comeza está nos hoteis dos equipos. Mecánicos e masaxistas inician os preparativos previos da Vuelta. Pese a que todas as bicicletas veñen limpas, os mecánicos voltan revisar todo, fan inventario para comprobar que non lles faltan nada, preparan as bicis para o primeiro adestramento. Se o párking do hotel é de libre acceso, o afeccionado pode ver tamén todo este traballo, ou o camión do equipo, coa cantidade de material que hai dentro.
A Vuelta tamén comeza hoxe para os directores. No seu caso, aproveitan para ir ver os finais das primeiras etapas, como a de Lobeira, para que ese día non falle nada. Un recoñecemento do terreo. Hoxe é un día no que o pelotón comeza a facer o seu traballo.