«Ela mandáballe a Cunqueiro probas do que cociñaba»

Inmaculada Eiroá González
INMA EIROÁ MONDOÑEDO / LA VOZ

FIRMAS

Un libro recolle 80 receitas de Elvira González-Seco, dona do escritor

16 jun 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

A editorial Galaxia acaba de sacar á rúa o libro As cociñas dos Cunqueiro, no que se recollen 80 das 2.300 receitas culinarias que Elvira González-Seco, a dona do escritor mindoniense, lle deixou ao fillo de ambos, César. Na preparación do texto participou activamente o experto gastrónomo e escritor Miguel Vila, natural do Valadouro. Súa foi a laboura de selección, revisión e edición material. Non ten moi claro que Cunqueiro chegase a cociñar algunha vez.

-¿Cal foi o resultado?

-As receitas van tal cual as escribiu ela; hai moitas que van con anotacións referidas a usos, costumes, tradicións ou incluso algún erro na receita. Hai unha, unha tortilla ao ron, que tal como a plantexa ela é imposible de facer, polo que indicamos que é mellor facela doutra maneira. Tanto eses como outros non son máis que pequenos detalles. A parte fundamental é a de recoller o que ela tiña recopilado, ben escrito da súa man ou ben recortado de algunha publicación.