«Imos preparar ata 46 tipos distintos de empanadas»

Yolanda García Ramos
YOLANDA GARCÍA FOZ / LA VOZ

FIRMAS

XAIME RAMALLAL

Vocación, entrega, iniciativa, ganas de aprender e innovar... son moitas as cualidades que a hostalería demanda e as cumpren á perfección os donos da cafetería e pastelería Anduriña de Foz, local que hoxe, día de San Antonio, cumpre 20 anos de apertura e sendo unha empresa familiar que levan Moncho Castro (Foz, 1962) e a súa muller Mari Trigo (Ribadeo, 1964), con case 30 anos de experiencia ambos no oficio, xunto cos seus fillos Saray, Amada e Daniel e cinco empregados máis de reforzo. Para celebralo, estes días 14, 15 e 16 farán a I Festa da Empanada na que descontarán un 10% o prezo e invitarán a unha ración dela por consumición. Hai moito traballo que facer pois teñen previsto elaborar ata 46 tipos distintos. Anduriña será a capital da empanada esta fin de semana, complementada cunha exposición fotográfica de Xesús do Breogán, sobre A Mariña.