Éun dos humidais protexidos máis importantes de Galicia, mesmo do Estado. Dende o punto de vista ambiental, destaca polo seu valor como reserva de aves, por ser unha zona de cría de peixes, pola riqueza da súa flora e, tamén, polo seu valor marisqueiro. Por todos eses motivos, a enseada foi blindada sobre o papel por un bo número de figuras e normativas de protección. Pero nin con esas se conseguíu erradicar a contaminación das súas augas.
Non é un falar por falar. No 2005, o Colectivo Ecoloxista do Salnés elaborou un censo de verquidos nesa zona privilexiada. Agora estanse a revisar os datos. E aínda que algo se ten mellorado nestes tempos, o que se arranxa por un lado se estraga polo outro. A zona segue a ter un serio problema: a presión urbanística e humana, que fixo quedar ananos os sistemas de depuración. A conclusión que de aí se tira é sinxela: estamos diante dun desastre. Anunciado e denunciado.