«Redeira é un traballo bonito, pero non llo aconsello ás fillas»

Inmaculada Eiroá González
INMA EIROÁ BURELA / LA VOZ

FIRMAS

María Jesús Alonso, traballando na nave de redes que teñen no porto burelense.
María Jesús Alonso, traballando na nave de redes que teñen no porto burelense. xaime fernández ramallal< / span>

Cando empezas pasas meses sen poder cobrar e pagando o seguro

01 abr 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

«Eu empecei con 14 anos a traballar. Meu pai foi mariñeiro, e eu andiven ó mar con meu pai, na olga e despois facendo redes. Ser redeira é un traballo bonito, pero non llo aconsello ás fillas». Fala María Jesús Alonso, a presidenta da Asociación de Redeiras Cabo Burela.

-¿Que traballos fan?

-Facemos e reparamos todas as artes de pesca: palangre, azúelos, volantas, volantillas, miños, facemos nasas, reparamos cerco...Menos o arrastre, facemos todo. Ese é un campo dos homes, hai moi pouquiñas mulleres que traballen o arrastre, en Burela que eu saiba non hai ningunha. É máis pesado.

-Este oficio apréndese ou hérdase

-Apréndese, pero leva o seu tempo. Eu empecei cando parei a escola, fun aprender cun grupo de xente que estaba traballando neso. Pero aquí mentres non saibas facer un aparello non cobras nada, aquí cobras por peza feita. Cando empecei a coser estiven un ano ou ano e pico sen cobrar unha peseta.

-¿Gáñase ben a vida?

-Pouco máis che sacamos que para pagar a nave. Como digo eu, nosoutros traballamos por amor al arte. Temos que estar moitísimas horas...Eu si, vou sacando, pero no cerco, se non traballas no cerco non chegas ó soldo base.

-Oín que teñen moito traballo

-Si agora mesmo temos moito traballo de todo o que facemos. Somos dez e ó mellor si houbera outra habería traballo para ela tamén...

-Dicía vostede que non teñen relevo xeracional

-Si, pero é moito porque non se cobra moito e outra porque tes que botar catro, cinco ou oito meses sen cobrar unha peseta. E para meterte tes que pagar a Seguridade Social, eu na nave non podo meter a ninguén sen tela. E si entras pagando e sen cobrar....

-¿O segredo do oficio?

-Que che guste. A mis encántame o meu traballo. Hai que ser responsable, pero habilidoso non.

-¿Non admiten homes?

-Non é iso, aquí veu un rapaz hai pouco pedirnos traballo. Eu lle dixen, non teño problema en ensinarlle a traballar, pero tes que asegurarte para entrar aquí.

-¿Os fillos van seguir o oficio?

-Teño dúas fillas, pero non van seguir o camiño. A mais vella cando parou de estudar foi para alí abaixo, pero en canto encontrou un traballo que lle pagaron a súa seguridade social e un soldo marchou, non é o mesmo gañar trescentos ou catrocentos euros a oitocentos ou mil e encima non tes que pagar o baixo. Ninguén ten fillos alí traballando, é moi difícil o relevo ¡Cando a min me gusta o meu oficio e non lo aconsello ós meus fillos! Llo aconsello como traballo bonito, pero non como unha maneira de vivir.

«Somos dez, pero ó mellor si houbera outra habería traballo para ela tamén»

«Temos clientes de Celeiro, Burela, Asturias, do Barqueiro...Vamos tendo traballo»