Non todos somos iguais

Eladio Osorio Montenegro< / span>

FIRMAS

tribuna aberta

O PSdeG de Ourense leva máis de dúas décadas denunciado a política caciquil e enchufista do PP e de Baltar. Foron moitas as veces que nos sentimos sós nesta loita, e que botamos en falta a implicación doutros axentes sociais, pero alá cada quen coa súa conciencia. No ano 2010 demos un salto cualitativo: fartos de que as denuncias políticas non serviran para nada, acudimos á Fiscalía. Porque, falemos con sinceridade, ¿alguén cre que é normal que a Deputación chegara a ter máis de 1.000 traballadores? ¿É normal que houbese máis de 300 persoas vinculadas con cargos electos traballando nesta institución?

Curiosamente, cando os socialistas poñemos estes feitos en mans da Xustiza, o PP inicia unha cruzada contra os traballadores do grupo socialista, chegando incluso a despedirnos e véndose na obriga de readmitirnos a posteriori. Os traballadores do grupo socialista xamais pretendemos ser fixos nesta Deputación, contrariamente ás informacións que o PP está difundindo. Quere equipararnos coa súa famosa frase de «todos somos iguais», pero equivócase. Nós só pretendemos manter as condicións laborais coas que iniciamos os contratos e que Baltar cambiou unilateralmente tratando de causar prexuízo ó grupo socialista. Seguiremos traballando ó servizo do grupo socialista mentres este o estime oportuno, pero non ata cando queiran os reis do caciquismo. As mafias sempre intentaron acalar a aqueles que eran críticos e contrarios a elas. O PP quere facer o mesmo.

Hai pouco denunciamos que todos os deputados do PP a excepción dun tiñan familiares ou afíns traballando na Deputación e ninguén o rebateu. Habería que preguntarse en que condicións entrou a exmuller de José Manuel Baltar, os fillos do portavoz do PP, o excuñado de Rosendo Fernández, e un longo etcétera. Os socialistas fomos sempre o martelo pilón contra a política enchufista e caciquil de Baltar e do seu fillo. Este é o noso delito. Unha cousa é segura: nós non somos coma eles, xamais seremos traballadores fixos da Deputación; porque somos socialistas, íntegros, e porque nos daría noxo.

Eladio Osorio traballa no grupo socialista provincial é e membro da executiva do PSOE