Xurxo Rodríguez (San Sebastián, 1981) preside a Peña Celtista de Burela dende hai tres anos, unha peña que vai camiño de cumprir tres décadas. A el pasoulle o testigo o seu propio pai, Juan Bautista Rodríguez.
-Poderíase dicir que «herdou» os xenes, a afección polo Celta e tamén a peña, en certo modo.
-Antes da presidencia do meu pai, primeiro estivo Indalecio. En canto á afección ao Celta, pasouma xa dende pequeno que nos levaba o fútbol. Realmente toda a nosa familia é do Celta. O meu irmán Javier tamén é directivo da peña, é tesoureiro.
-¿Como viviron no último partido contra o Granada?
-Fatal, pasámolo fatal, e menos mal que conseguimos gañar, aínda que case sen merecelo. Aí estamos, na permanencia. O importante é aguantarse, porque tanto lle custou chegar aí, que sufrimento... Polo menos que non se volva a caer.
-¿Que fan na casa cando un partido se torce, roen as unllas, a alfombra, o sofá...?
-Meu pai berra, eu son máis calmado pero algunha ocasión me levanto do asento. Pásase mal. Os últimos partidos os estamos vendo na casa.
-Este sábado, día 2, farán unha cea do cocido de entroido.
-Facémolo todos os anos. Este ano o fixemos algo máis tarde dos carnavais. Tamén facemos unha cea de temporada, unha sardiñada, que o ano pasado tiveramos que cambiar por chicharrada pois non había sardiñas. E en viaxes, o vindeiro 20 de abril a Vigo co Zaragoza. Polo norte de España, de Madrid para riba, fomos a case todos os campos.
O teléfono para apuntarse á cea é o 651 075 777.
xurxo rodríguez gómez presidente da peña celtista de burela