«A decisión de publicar un libro arrancou cun blog»

amelia ferreiroa LALÍN / LA VOZ

FIRMAS

Gende recoñece que sacar un libro supón esforzo e gran adicación.
Gende recoñece que sacar un libro supón esforzo e gran adicación.

A escritora cruceña presentará mañán o seu primeiro libro de poemas, «Cunca», na cantina O Galopín de Lalín

20 feb 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

O poemario «Cunca», de Cristina Gende, que foi editado por 2 Sardinas Ediciones, presentarase mañán ás 21.30 horas e a súa autora convida aos dezaos «a disfrutar coa súa lectura».

-¿Despois de moitos anos escribindo poesía este era o momento máis axeitado para publicar?

-A decisión de publicar un libro arrancou realmente cun blog. É certo que levo moitos anos escribindo, sempre poesía, e pasei por varias etapas. Unhas foron moito máis produtivas ca outras pero non me prantexara publicar. Posteriormente fai un par de anos naceu o meu blog: poemandose.blogspot.com onde fun deixando poemas que tiña escrito tanto en galego coma en castelán, e aí foi onde xurdiu ese primeiro paso de dar a coñecer unha parte do meu traballo.

-¿Este primeiro libro é unha recompilación de obras?

-Non. É un libro escrito ao longo do pasado ano 2012, que foi concebido como algo para facer nese ano. Comezalo e rematalo. Tiña moi claro que ía ser unha obra compacta.

-¿Escrita en galego?

-En galego malia que tamén teño poesía en castelán xa que dende os dezaoito anos, e por espazo de catorce anos, estiven vivindo fóra tanto en Madrid coma en Zaragoza e escribía en lingua castelá. Cando volto a Galicia, e diso fai uns seis anos, retomo a escritura da miña poesía en galego maioritariamente.

-Unha trintena de poemas, ¿sobre que xiran?

-Fundamentalmente sobre a natureza. A natureza está moi presente na miña vida. Traballo nese ámbito, vivo nunha aldea como é a de Merza... Son poemas que levan esa cadencia das estacións en que a natureza muda co decorrer dos meses...

-A súa primeira publicación chámase Cunca, ¿a que atende?

-Primeiro que é unha palabra galega moi bonita con moitos significados e eu fixen unha vinculación coa muller. Penso na cunca de viño cando comes o polbo na feira; unha cunca que é algo cotiá e é algo que todo o mundo recoñece. É unha imaxe vencellada a unha idea.

-Vindeiras presentacións...

-En mente está facelas en Santiago, A Coruña e Madrid.

cristina gende poeta