Os felos percorreron as aldeas en autobús, microbús e tractor

Jesús manuel garcía OURENSE / LA VOZ

FIRMAS

Pablo Araujo

Os veciños volcáronse para recibir á máscara típica do entroido de Maceda

10 feb 2013 . Actualizado a las 06:00 h.

Maceda viviu un sábado redondo cos felos. Máis dun cento deles apuntáronse para dar cor á xornada. Houbo que contratar un autobús e un microbús para levalos ás aldeas. Inda máis, onde eses vehículos non chegaban, os felos valéronse dun tractor con remolque. Pola mañá foron a Castro de Escuadro, Pías, Santirso, Xinzo da Costa e Celeirón. Con eles ía máis xente disfrazada. Nos pobos os veciños recibíronos como se merecen, sen faltar nalgún caso certa emoción. Almorzaron este ano en Castro de Escuadro a base de callos, costela de porco, patacas e chourizo. Á hora da sobremesa os veciños sacaron a artillería toda: roscóns, bicas, café, licores e refrescos... Cada ano van xantar a un pobo. O ano que vén comerán en Pías. Víronse traxes de felo espectaculares. Repostas as forzas, pola tarde inda quedaba o percorrido por Barxela, Vilar de Cás, Carguizoi e Tioira, onde está a sede da Asociación do Felo. O día estivo magnífico polo sol e co frío púidose ben. A festa vai a máis, os macedáns están orgullosos da súa máscara, cada vez vístense mellor de felo. Cando a máscara corre polas aldeas é como se o espírito ancestral de algo fondo e íntimo de Maceda invadise todo. Para divertirse.