Un OUFF en liquidación

x. m. r. ourense / la voz

FIRMAS

PABLO ARAUJO

Cos días contados, o esquema do Consorcio do Festival de Cine de Ourense deixará paso a un novo modelo de xestión

19 ene 2013 . Actualizado a las 06:00 h.

Xa non hai volta atrás. En decembro do 2011 a Deputación de Ourense executaba a ameaza que no seu día adiantara o seu presidente, José Luis Baltar, e acordaba en pleno non seguir apoiando o proxecto do OUFF (Festival de Cine Internacional de Ourense). Unha decisión que pretendía dar resposta ao contencioso co Concello de Ourense pola reclamación do diñeiro comprometido para o arranxo do campo de Oira e que, de paso, condeaba ao OUFF á reivención e ao consorcio organizador a vivir a crónica dunha morte anunciada.

Logo da escenificación das posturas enfrontadas ao longo do pasado ano, sen entendemento nen achegamento posible, o Concello de Ourense acordaba hai uns días a disolución do Consorcio do Festival de Cine de Ourense e hai dous días, o xoves, o consello rector do OUFF sentaba as bases para a liquidación do consorcio e de todo o que iso conleva: pago das débedas pendentes do festival, reclamación das axudas aínda non cobradas e desaparición do organismo que durante estes anos se fixo cargo da organización do certame audiovisual ourensá.

O Concello asume o proxecto

Se as previsións rematan por cumprirse o consorcio podería estar amortizado en pouco máis dun mes. E a responsabilidade do OUFF pasará ao Concello de Ourense en exclusiva.