Loureiro dirixe un centro de rehabilitación para pacientes con patologías cardiológicas y pulmonares
12 dic 2012 . Actualizado a las 14:46 h.Javier Loureiro Díaz (Ourense, 1983), licenciado en Ciencias da actividade física e do deporte e especializado en fisioloxía do exercicio, é o responsable do Centro Korazón, que ofrece, dende a súa sede na clínica Cosaga, programas personalizados de rehabilitación a pacientes cardiópatas y pulmonares.
-¿Por que esta aposta?
-Eu traballei en Londres en programas subvencionados polo sistema de saúde público, que envía persoal sanitario a facer programas de entrenamento para a recuperación de xente von problemas cardíacos. Cando volvín, deime conta que non había ningún programa así na provincia.
-¿Cal é a importancia da rehabilitación cardíaca?
-Hai máis evidencia científica que apoie a rehabilitación cardíaca que para algún medicamento; é unha recomendación de nivel 1. En Galicia o plan galego de saúde do 2006 xa dicía que se debían implementar programas de rehabilitación nos hospitais públicos.
-E na práctica, ¿que sucede?
-En españa menos do 3% de pacientes que teñen un infarto se rehabilitan. En Europa a media está no 40-45%. Isto tradúcese en que un 35% de xente cun infarto volve traballar en España, segundo a Sociedad española de cardioloxía, e en Europa a media é do 70%; os programas que eles teñen son moitos máis e a xente ten máis acceso. O que non pode ser é darlle unha palmadiña na espalda ó paciente despois dun infarto e que volva para a casa.
-¿En que consisten os programas de rehabilitación?
-Son programas de entrenamento cardiorrespiratorio baseado no exercicio físico. A media que facemos son 24 sesións de hora e media durante dous meses. É unha cifa mínima para garantir que o paciente poida ter unha boa supervivencia e que se reduza o risco de ter outro evento no futuro. O ideal serían máis de 36 sesións, pero nós temos en conta a razón económica e a présa por volver traballar, por iso facemos programas máis intensivos. En xaneiro queremos montar un clube cardiovascular para que veñan facer exercicio supervisado, como se fose un ximnasio.
-A oferta é só privada.
-Si, pero hai moitas compañías de seguros que o inclúen nas súas pólizas.
javier loureiro responsable do centro korazón