Un atractivo turístico

Maite Fernández PRESIDENTA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE FERROL VELLO

FIRMAS

A Asociación de Veciños de Ferrol Vello se solidariza e se une á protesta realizada polos traballadores e veciños do barrio polo futuro peche do Parador de Turismo de Ferrol.

Dito complexo hoteleiro é un dos bastións máis importantes da nosa cidade e dende a nosa asociación queremos implicarnos e deixar claro que o peche sería totalmente prexudicial para o desenvolvemento económico de Ferrol, xenerando un maior paro -cando xa se ten rebasado na comarca a cifra de 20.000 desempregados- e deixando aínda a máis familias en situación de total vulnerabilidade.

Por outra banda, culturalmente estaríamos perdendo un atractivo turístico que xenera beneficios para todos.

Nós, como asociación de veciños de Ferrol Vello, non entendemos que se queira pechar un Parador que non é dos que máis perdas económicas ten de España, e que se manteñan outros abertos e sen perigo de peche tendo débedas maiores.

Creemos que dende o Goberno non se pode xerar máis paro; eles están pra defender os intereses da cidadanía.

O noso barrio, a zona de Ferrol Vello, xa ten moitas carencias e sofre un abandono total por parte das administracións o único que temos en boas condicións son as entradas ao barrio, a do centro é a do porto, o resto da pena velo é iso que o barrio ten a categoría de casco histórico e Ben de Interese Cultural. Só nos queda una dúbida, se queren privatizalo ou so deixalo aí para que sexa una ruína coma o que estamos acostumbrados a ver no noso barrio, o que tamén sería un símbolo do que lle espera ao resto de Ferrol.

Asimesmo, queremos deixar claro que apoiaremos con todas as nosas forzas a conservación da institución e dos postos de traballo dos seus empregados.