As bágoas da dignidade

Carlos Blanco

FIRMAS

De tantas imaxes e sensacións acumuladas naqueles dias quedome con dúas.

Unha delas segueme acompañando en cada actuación, na maleta, unha imaxe que aínda non podo ver sen emocionarme: un querido amigo sacando chapapote coas mas. Chorando, resistindo. Foi portada en medio mundo. A heróica resistencia das xentes do mar. Coas mans. Lembro o que me dixo Víctor aquel día, él que tanto ama o baloncesto: «Hoxe ghañamos, pero só foi o primeiro cuarto do partido...». Se xa amaba a aqueles hobbits invencibles, chorar con eles foi o que xa nos uníu de por vida.

Lembro aquel peirao do Xufre, na Arousa, pola noite, iluminado como para unha película de guerra, aquela xente organizada de xeito impecable: os homes ao mar, as mulleres a limpar palas e ferramenta, as avoas ao fogón, os avós cos netos pequenos...

Houbo xente que levaba vinte anos sen se dirixir a palabra e daquela o fixo. Dignidade. Resistencia diante da evidente incapacidade dos gobernantes.

Por sorte cambiou o vento e todo foi un pesadelo. Nada nos facía pensar que o verdadeiro tsunami estaba por chegar.