O colectivo, de 1978, leva 34 anos celebrando xornadas
31 oct 2012 . Actualizado a las 07:00 h.Dende 1978 segue en activo unha das asociacións micolóxicas máis veteranas de Galicia, con sé en Foz. Son Os Bolouros, con arredor de 110 socios familiares actualmente e co biólogo Jesús Blanco de presidente dende 1991. En novembro volverán a despertar a afección polo mundo dos cogomelos na súa XXXIV Semana Micolóxica, con saídas, charlas, música e degustacións (información e reservas: 982 140 302 ou 625 172 409).
-Son das asociacións micolóxicas máis antigas en Galicia. ¿Cal é o segredo desta veteranía?
-Somos coetáneos, penso, cos de Vigo e Monforte. A clave é que a nosa actividade céntrase no outono, somos unha asociación estacional, facemos o xusto e así estamos todos contentos...
-Pero se vén un ano malo...
-O ano pasado. Foi catastrófico. Ao final a nosa Semana Micolóxica quedou nunha charla e unha cea con cogomelo cultivadao. Mantivemos o tipo. As xornadas levan 34 anos facéndose, e de forma ininterrumpida. Este ano hai moita cantidade e bo.
-¿Cales son as mellores zonas?
-A Fraga Vella, ainda que máis que fraga é piñeiral todo. Hai outra, en Vilapena, pero para consumir non, só para velos. O mellor é ir por Gañidoira, As Nogueiras, Campo do Oso...
-Algún caso de intoxicación xa caeu esta tempada, en Vigo.
-Claro, a máis consumo, máis probabilidade. O cogomelo silvestre consúmese máis. Aparte, a micoloxía é algo tamén lúdico.