«Teño claro que o Parlamento quizais non é a miña guerra»

Lars Christian Casares Berg
christian casares PONTEVEDRA / LA VOZ

FIRMAS

O candidato a parlamentario e concelleiro do Partido Popular Jacobo Moreira, onte, no palco da Alameda de Pontevedra.
O candidato a parlamentario e concelleiro do Partido Popular Jacobo Moreira, onte, no palco da Alameda de Pontevedra. ramón leiro< / span>

Fai campaña, confía no partido, pero di que se non sae non pasa nada

12 oct 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Jacobo Moreira puido terse chamado Fermín Moreira, por nacer o día dese santo, en Santiago (1973). Agora participa na súa segunda campaña electoral autonómica, despois de entrar inesperadamente no Parlamento na última lexislatura autonómica. Exerceu como deputado durante o último ano e medio. Repite como número 16 da candidatura de Pontevedra e, pese a que o efecto dominó polo nomeamento de cargos que o anteceden na lista podería levalo de novo a O Hórreo, dá por amortizado o seu paso pola política autonómica. Axudará nesta batalla ao seu partido, pero di que a súa guerra non é o Parlamento, senón Pontevedra.

-¿Que é o que se xoga Pontevedra nestas eleccións?

-En primeiro lugar se xoga o que o resto de Galicia. Seguir nunha senda de contención do gasto, para non ter que dedicar os recursos públicos aos bancos e destinar así máis recursos públicos para Sanidade, Educación e Servizos Sociais, que son as tres grandes áreas que Núñez Feijoo declarou como intocables. A cidade en particular, pois seguir tendo servizos, garderías, seguir recibindo inversións, que non recibiu co bipartito... E se xoga, sobre todo, o compromiso de que Pontevedra teña por fin un grande hospital.

-¿De verdade lle teñen tanto medo aos paseos electorais por se lle berran os descontentos, ou para ter que pedir unha entrada para acceder ao mitin central?

-Non, non, para nada. Nós estamos dando a cara na rúa. Eu estiven o outro día nun debate no que todas as preguntas foron para min. Iso evidencia que a xente lle interesa o que pensa o Partido Popular. Evidentemente é o que máis apoio ten. Estamos todos os días na rúa e de cada dez persoas que paramos, só unha ou dúas se poden negar a recoller a propaganda.

-Pero cambiou a campaña de hai case catro anos a esta.

-Cambiou porque nos presentábamos cun partido que plantexaba un programa, non un balance de xestión. Agora presentámonos cun balance de xestión. A nosa obriga como partido responsable é presentar ese balance de xestión cuns números que son intachables. Calquera comunidade autónoma estaría disposta a cambiarse por Galicia. Isto se ve en canto se sae de Galicia.

-Pero o descrédito político afecta a todos.

-Esa etiqueta que se lle pon aos políticos non ven de agora, ven xa de lonxe. Pero eu penso que cando se lle explican as cousas aos cidadáns, o que facemos os políticos, a percepción cambia. Por falar de Alberto Núñez Feijoo non é para nada ese estereotipo. É humilde, austero...

-¿Recomendaríalle, non sei se as súas fillas, aínda moi novas, pero a súa muller ou a un familiar que se metese en política?

-A verdade, non parece moi aconsellable, pero lle diría que si. Si non o facemos nós o vai facer alguén ao mellor moito menos recomendable. Eu quero defender á política. E sen políticos non poder haber política. Eu rexeito iso da clase política. Eu son un cidadán normal que voltará á súa vida privada e que está en política de xeito temporal.

-¿Por canto tempo?

-Eso non se sabe. Eso o marcarán as circunstancias.

-De número 16 ten difícil repetir.

-Dentro do razoable, chegar ao número 16 está bastante difícil, na primeira tanda. Está claro que quizais o Parlamento non é a miña guerra, senón que eu estou centrado en Pontevedra, que é a miña prioridade. Ir á lista do Parlamento está ben. Levar temas de Pontevedra ao Parlamento ten moitas satisfaccións.

jacobo moreira número 16 na lista do pp por pontevedra

Casado, pai de dúas fillas

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela

Avogado

BMW X5, «de segunda man», matiza